Queremos espertar nos cidadáns a súa responsabilidade cidadá, a súa ética, a súa humanidade, independentemente das súas tendencias políticas tradicionais.
Queremos explicar que un voto para intentar loitar contra a pobreza é importante, e que os resultados das políticas locais teñen implicacións globais. En sintonía co concepto de xustiza global, actuaremos localmente nas decisións de goberno.
Sabemos que o fin da pobreza é un obxectivo que necesita un compromiso serio e a longo prazo. Pero non é unha utopía. O desenvolvemento económico dos países do Sur é posible, e proporcionaranos unha fonte de riqueza, de estabilidade e de Paz.
A democracia é o principio da solución.