Por Un Mundo
Máis Xusto
PUM+J

Inicio

A trampa da pobreza afecta a millóns de persoas, e constitúe unha agresión á dignidade do ser humano. É ademais unha das principais causas do incremento da inestabilidade mundial, a destrucción do medio ambiente e dos fluxos migratorios involuntarios.

Resolver a pobreza hoxe en día é posible, pero non é unha prioridade na axenda política actual. En España, a xestión da Axuda pode ser moito máis eficaz e apenas pasou do 0,4%.

Son moitos os medios para loitar pola erradicación da pobreza, pero a solución definitiva está na política.

Sabemos cómo conseguilo: fomento da gobernabilidade democrática, servizos públicos gratuítos (educación, saúde, etc.) apoiados por unha axuda exterior flexible e a longo prazo.

No partido Por Un Mundo Máis Xusto (PUM+J) coincidimos cidadáns de toda as ideoloxías.

Unímonos cun fin específico: loitar por un mundo sen pobreza.

Imos garantir unha xestión eficiente da Axuda ao Desenvolvemento.

Outro mundo é posible se nolo curramos.

Invitámoste a visita-la nosa Web e a coñecernos mellor. Se queres participar no noso proxecto, pincha aquí.

Por Un Mundo Máis Xusto 2008, tódolos dereitos reservados
Rexistro de partidos políticos do Ministerio do Interior, 8 de enero de 2004, Tomo V, Folio 330
E-mail