Programa 2008 (.pdf, 7.07 MB)
As medidas necesarias para loitar contra a pobreza gozan dun crecente consenso internacional. O programa electoral do PUM+J reflicte estas iniciativas: Maior liderado político na loita por un Sistema Socioeconómico Global máis xusto, axuda flexible con perspectiva a longo prazo dos países do Norte para apoiar aos Estados do Sur a desenvolver determinados servizos básicos como a educación ou a saúde, medidas concretas baseadas nunha reflexión profunda sobre as causas e consecuencias da débeda externa, transformación dos mecanismos do sistema de comercio internacional que permita a firma de acordos de comercio máis xustos.
Non queremos parches, nin paliativos á pobreza. Fronte a programas asistenciais, defendemos as políticas de desenvolvemento mediante unha acción coordinada.
Queremos coherencia e unha xestión eficaz: un 0,7% libre de intereses comerciais e económicos. Queremos que España deixe de ser o primeiro país exportador de municións ao África Subsahariana. Queremos que España se deixe de opor á redución dos subsidios agrícolas no seo da OMC, permitindo así a libre competencia cos produtos agrícolas procedentes de países pobres.
Mínimas concesións por parte dos países do Norte poden representar o fin da miseria para moitos millóns de persoas. Combater a pobreza aparenta un custo inmediato, pero é un claro investimento a medio e longo prazo polos enormes beneficiosque o desenvolvemento dos países do Sur pode proporcionarnos en materia de inmigración, seguridade ou preservación do medio ambiente, por exemplo.