Por Un Mundo
Máis Xusto
PUM+J

Quiénes somos

O fin da pobreza hoxe en día é posible. Todos os expertos coinciden nas medidas que sería necesario aplicar. O problema está na falta de vontade política para aplicalas e nos intereses que ven afectados.

No partido Por Un Mundo Máis Xusto (PUM+J) coincidimos cidadáns independentes, de todas as ideoloxías e confesións, que compartimos un mesmo sentimento de responsabilidade cara aos cidadáns do Sur, e un mesmo convencemento de que a solución da pobreza e a desigualdade está na política.

Non hai afán de protagonismo individual, non hai intención de enfrontamento con outras formacións políticas, nin interese noutros asuntos que non sexan o indicado.

Non somos unha ONG. A erradicación da pobreza é un obxectivo compartido por moitas organizacións que apoiamos, admiramos e defendemos. A principal diferenza é que o PUM+J actúa exclusivamente no ámbito sociopolítico.

Por Un Mundo Máis Xusto 2008, tódolos dereitos reservados
Rexistro de partidos políticos do Ministerio do Interior, 8 de enero de 2004, Tomo V, Folio 330
E-mail